Viaxe do prelado do Opus Dei a Galicia, Castela e León e Asturias

Do 1 ao 6 de xullo, Mons. Fernando Ocáriz participou en encontros con diferentes colectivos -familias, enfermos, membros do Opus Dei e amigos-, en Galicia, Castela e León e Asturias. Tamén estivo con varios bispos e concelebrou misas nas catedrais de Santiago e Oviedo. Nun dos encontros lembrou as súas raices galegas reflectidas no seu segundo apelido: Braña.

O primeiro día, 1 de xullo, o prelado do Opus Dei, Mons. Fernando Ocáriz, participou en varias reunións no Colexio Maior La Estila, obra corporativa do Opus Dei en Santiago de Compostela. Saudou a directores e pais dalgúns centros educativos e xestores e familias das EFA -Escolas Familiares Agrarias de Galicia (A Cancela, Fonteboa e Piñeiral), a quen agradeceu con moito agarimo o seu traballo e os detalles que lle ofreceron.

O estrado da tertulia contaba cun mural con debuxos de edificios da cidade de Santiago como a fachada da catedral, a do albergue dos Reis Católicos e a esquina e beirarrúa do propio Colexio Maior, ademais do perfil da imaxe do apóstolo Santiago. Foi, a pesar da multitude, unha reunión familiar.

O encontro foi presentado por Adrianey. Mons. Ocáriz, meditando na liturxia do día, animou aos asistentes a considerar a necesidade de Deus que ten tanta xente: “Escuchar la palabra de Dios, una palabra de Dios que no es simplemente una cuestión conceptual, de concepto, de idea, de doctrina... La palabra de Dios es como esa espada de doble filo, palabra que transmite y hace lo que significa. Esa palabra en el fondo son todas expresiones de la palabra de Dios. Recibir la palabra de Dios recibiendo al Señor de mil modos. Recibir el espíritu de la Obra, los medios de formación, la corrección fraterna... todo esto es escuchar también la palabra de Dios para nosotros”. Tamén dixo: “Tengamos esta juventud de espíritu, como quería nuestro Padre, para no estar de vuelta, para tener la ilusión de la juventud renovada, que es la juventud que da el amor. En el fondo ahí está todo: enamorarnos cada vez más del Señor, que es lo que nos hace felices. Recordamos sin duda esas otras palabras de nuestro Padre: lo que da la felicidad no es una vida cómoda, si no un corazón enamorado”.

A Arturo -xornalista xubilado pero moi activo, que lle falou de diversas iniciativas de comunicación-, o Prelado lembroulle que o espírito novo se mantén con proxectos e buscando a presenza de Deus en todo momento.

Un mozo que asiste ao Colexio Maior La Estila, Giancarlo, estudante de medicina de orixe venezolana, relatoulle ao Prelado a súa historia: emigrou a España cos seus pais polas dificultades que viviron no seu país. Decidiu estudar en Santiago, onde veu vivir toda a familia. Púxose en contacto con La Estila e o ambente humano do colexio maior levouno a saír ben nos estudos. Comezou a participar nas actividades que ofertaba o colexio e, co paso do tempo, solicitou ser admitido como supernumerario do Opus Dei.

José Luis, pai que coordina as actividades dun club xuvenil, pediu consello sobre os medios que podería poñer en marcha para implicar máis aos demais pais. Don Fernando lembroulle a importancia dunha profunda amizade con todos eles, sexan cales sexan as súas formas de pensar e as súas actitudes. A amizade, dixo, arranxa todo.

Nun momento da tertulia, Adrianey presentou a Ovidio, de Monterroso, que se dedica á crianza de ovellas e cabras. Hai uns días concedéronlle dous premios aos mellores exemplares da raza galega. Ovidio ofreceu estes recoñecementos ao Prelado entre os aplausos xerais.

Antes de rematar o encontro, Mons. Ocáriz animou a todos a rezar moito polo Papa e a seguir as súas ensinanzas, porque o traballo que ten que facer é moi duro e non faltan malentendidos.

Santiago, 2 e 3 de xullo

O sábado 2 de xullo, ao mediodía, tivo lugar o segundo encontro entre Mons. Ocáriz e persoas do Opus Dei baixo a carpa situada na zona deportiva do Colexio Maior La Estila. Os asistentes recibiron ao Prelado con fortes aplausos ao son do pandeiro. Ao chegar ao escenario, entregáronlle unha capa da tuna, bordada cos escudos de cidades universitarias e que levaba nas cintas de cores os nomes de varios centros do Opus Dei.

Nas súas primeiras palabras, D. Fernando amosou a súa alegría por estar con tanta xente da Obra e preto dela, e animou a pensar que “todos tenemos el mismo espíritu y estamos -cada uno en nuestro sitio- muy unidos por la comunión de los santos”.

Lembrou como san Xosemaría tamén se encheu de alegría ao ver aos seus fillos e fillas e animounos a ser máis e a servir á Igrexa, sempre “con la esperanza y la seguridad de que Dios nos ayuda a cada uno con fuerza y nos da la alegría para salir adelante”.

Durante a tertulia xurdiron diversos temas: as redes sociais, a santificación do traballo, a amizade e a vocación dos fillos. Tamén houbo ocasión de escoitar á familia Braña, da que asistiron tres xeracións para amenizar o encontro cun popurrí de cancións galegas.

Ángela, que vive na Coruña, contoulle como superara dúas enfermidades e agradeceu o cariño de tanta xente. O Prelado, ademais de animarlle a comprender o significado do sufrimento, engadiu que “a veces las personas tendemos sin querer a fijarnos en algo que nos preocupa o que nos hace sufrir (...) y nos olvidamos de que en eso mismo hay algo positivo, nunca todo es pura oscuridad”..

Para rematar, Teresa e a súa filla Carmen, de Pontevedra, regaláronlle unhas flores chamadas "alegrías". Mons. Ocáriz comentou que hai que esforzarse por sorrir e desterrar as caras longas. Definiu o sentido do humor como “la capacidad de encontrar el lado bueno de las cosas y de descubrir el matiz divertido que nos puede ayudar a reírnos de nosotros mismos”.

Co arcebispo na Catedral de Santiago


Ás cinco da tarde o prelado do Opus Dei concelebrou a Santa Misa co arcebispo de Santiago e oitenta sacerdotes na catedral compostelá.

O templo relucía despois da restauración. Os cantos foron interpretados pola coral viguesa Montecastelo-Acacias, que xa ten sona internacional.

Na súa homilía, o prelado chamou a unha mentalidade universal para achegar moitas almas a Deus: “Se puede peregrinar de muchos modos. Sin embargo, el Camino ordinariamente se hace más alegre y llevadero en compañía. Algo similar ocurre en la vida cristiana, porque la Iglesia, Cuerpo de Cristo, es al mismo tiempo Pueblo y familia de Dios. Por eso, qué bueno es recordar que, en el camino de la vida, debemos ir con todos nuestros seres queridos, ir con toda la Iglesia, ir con todo el mundo, con mentalidad grande y universal. San Josemaría, antes de emprender el primer viaje que hizo a la tumba del apóstol en 1938, escribió a uno de los jóvenes que trataba: «Dentro de unos días, iré a León de paso para Santiago, para ganar el Jubileo. Ya me acordaré de pedir por ti junto al Apóstol. Procura tú, en cambio, pedir por mí: dile que haga todo lo que Él quiera, cueste lo que cueste».

Tamén lembrou a san Xoán Paulo II: “Pedimos al Señor apóstoles dispuestos a ir a los confines del mundo, pero también a los «pueblos y lugares» cercanos, aquí, en Galicia, y también por toda esa Europa a la que san Juan Pablo II exhortó desde aquí justamente, junto a la tumba de Santiago, a que volviera a Dios”.

Rematou a súa homilía pedindo “que el Apóstol Santiago nos ayude en nuestro caminar, yendo de la mano de la Virgen, para que nuestra fe, nuestra esperanza y nuestra caridad sean cada vez más firmes y alegres”.

Antes da homilía, Natalia Gil, supernumeraria do Opus Dei leu, en galego, a petición ao Apóstolo que xa é tradicional facer nos Anos Santos. Estas foron as súas palabras: 

Señor Santiago: estamos nesta catedral un bo número de fieis do Opus Dei residentes en Galicia, xunto con cooperadores e tantas amigas e amigos.

Entre os milleiros de peregrinos que chegan a esta catedral tras percorreren os camiños xacobeos, son innumerables os que o fan a pé ou por outros medios, e participan da espiritualidade do Opus Dei en centros universitarios, xuvenís, escolas ou con amigos.

A experiencia xacobea, que entraña austeridade, silencio na natureza e oración ao camiñar, enriqueceu a súa vida cristiá con decisións de entrega a Deus en moitos casos.

San Xosemaría Escrivá de Balaguer acudiu a este lugar santo en varias ocasións ao longo da súa vida e agora todas as súas fillas e fillos senten que son beneficiarios daquelas peregrinacións.

Dende hai setenta e catro anos, persoas desta Prelatura espallan a chamada á santidade en Galicia na súa vida cotiá. Nós, que somos a segunda e terceira xeracións, perseveramos nesta ilusión emocionante. Afrontamos o primeiro centenario da fundación do Opus Dei dentro de seis anos e agradecemos a Deus a sementeira en corredoiras, campos e vilas de Galicia e os froitos de santidade colleitados para o ben da Igrexa e do mundo.

Miles de fieis da Prelatura, milleiros de cooperadores e amigos teñen entrado nesta catedral para honrar a Deus e pedir a túa intercesión, señor Santiago.

Renovamos ese mesmo agradecemento e esa mesma petición nesta Misa de hoxe, en compañía do señor arcebispo e do prelado da Obra.

Reafirmamos o noso amor pola Igrexa universal neste templo onde a liturxia e a fe católica se expanden a peregrinos e fieis de múltiples países.

Suba a nosa oración a Deus e a súplica da túa intercesión, señor Santiago.

Que así sexa.

Despois da bendición final, o arcebispo, don Julián Barrio, quixo agradecer ao Prelado e a todos os asistentes a súa presenza na catedral: “De manera especial quiero agradecer a monseñor Fernando Ocáriz, prelado de la Obra, que haya querido estar esta tarde con nosotros, acompañado de tantos fieles de la Prelatura. Por mi parte también ha sido una gran satisfacción poder encontrarme con vosotros y contar con vuestro afecto. Rezaré por vosotros y por vuestras intenciones o preocupaciones. De manera especial, hoy encomiendo a los fieles de la Obra que el Señor ha llamado a su presencia. De modo particular queremos encomendar a don José, hermano de monseñor Ocáriz, a quien el Señor ha llamado a su presencia esta noche. Que el apóstol Santiago, con la intercesión de nuestra Madre Santa María y de san Josemaría, los haya acompañado al Pórtico definitivo de la Gloria”.

O acto rematou co espectacular botafumeiro, que produce un impacto especial para quen o ve por primeira vez.

Non perdas a esperanza

Na mañá do domingo, a música da tuna recibiu ao Prelado no último encontro que tivo lugar en Santiago e ao que asistiron máis de 700 persoas.

Tras saudar aos asistentes, referiuse ao Evanxeo da misa dominical e lembrou que "Dios nos quiere muchísimo. Y quiere que colaboremos con Él, que seamos instrumentos en sus manos"

Mar, que vive en Ferrol, comezou coa primeira pregunta. Díxolle a D. Fernando que é nai de 12 fillos e escritora, ademais de instagramer e bloguera. Regaloulle o seu último libro e faloulle do café con amigas que agora, grazas ás redes sociais, xa ten con persoas de máis de 50 cidades. Ademais, díxolle ao Prelado que cumpre 25 anos de matrimonio. Mons. Ocaríz felicitouna polos seus anos de matrimonio e polos seus fillos.

Celia, que traballa como psiquiatra en Santiago, pediu consellos sobre como tratar con coidado as persoas próximas pero distantes no seu modo de pensar. O Prelado lembroulle que os cristiáns poden atopar a forza que necesitamos na Eucaristía.

Jessi é de Uganda e traballa no colexio Las Acacias de Vigo. Contou a súa conversión ao catolicismo grazas ao amor e ao bo exemplo dunha amiga. Preguntou como axudar aos seus amigos a liberarse dos prexuízos cara á fe. Unha vez máis, o Prelado lembrou como a verdadeira amizade achega a todas as persoas e así se rompen os receos porque a propia vida se transmite, non como quen dá unha lección senón co noso cariño e amizade.

Rebeca, doutora viguesa, forma parte da Xunta Directiva dun club xuvenil e é nai de cinco fillos e quixo recibir uns consellos para potenciar mellor a formación da xente nova, consciente da responsabilidade que teñen estas tarefas e coas dificultades de horarios polos seus traballos e familias. O Prelado animouna a traballar con orde. E engadiu que non deben perder a esperanza: “Lo que se ha sembrado queda en el alma… y vuelve a salir a flote”.

Con motivo da última pregunta formulada por Rosa, escritora, mestra en Vigo e nai adoptiva de dous ucraínos, o Prelado pediu rezar pola paz en Ucraína e tamén por outras guerras que pasan desapercibidas.

A viaxe do prelado continuou con actos e encontros en Valladolid e Oviedo. En Galicia, entre outras moitas cousas, momentos divertidos, con números de maxia e actuacións, e numerosos encontros persoais.