Marcos Cavestany, de arquitecto solidario en Galicia a sacerdote

Monseñor Ricardo García, bispo da prelatura de Yauyos-Cañete-Huarochirí (Perú), ordenou o pasado 21 de maio, na basílica de San Eugenio de Roma, a 24 sacerdotes da prelatura do Opus Dei. Entre os novos curas está Marcos Cavestany que fixo parte do seus estudios de arquitectura na Universidade da Coruña e traballou en asociacións xuvenís galegas como o club Doira de Vigo e o club Rueiro da Coruña

Marcos Cavestany despois da ordenación sacerdotal

 Na ordenación participou desde o presbiterio o prelado do Opus Dei, Mons. Fernando Ocáriz, que puxo as mans aos novos sacerdotes despois do bispo consagrante.

Entre os novos curas figura o valenciano Marcos Cavestany Olivares, de 33 anos. Antes de chegar a Roma para estudiar teoloxía, estudou arquitectura en Barcelona e A Coruña. Durante unha estancia en Galicia, Cavestany compaxinou o seu traballo en diversas asociaciones xuvenís, como o club Doira de Vigo, o club Rueiro da Coruña eo voluntariado na ONG Cooperación Internacional. Asegura que foi unha experiencia moi positiva: “Aprendín moito nas actividades de voluntaria do, xa sexa como monitor de adolescentes ou coidando a persoas maiores con enfermidade terminal. Vexo no sacerdocio unha vocación que se identifica plenamente coa idea de servizo que o Señor nos pide”.

Preguntado polo seu futuro ministerio, Marcos afirma, entre outras cousas: "Neste intre, no que o Papa nos invita a profundizar no sentido da sinodalidade, pídolle ao Espírito Santo que nos faga expertos na arte do encontro, que camiñemos xuntos todos os nosos irmáns e irmás da Igrexa, que nos enriquezamonos con eles, e dediquemos moito tempo á escoita, sobre todo a través do acompañamento espiritual e do sacramento da confesión. Isto implica primeiro apertura ao que Deus nos di a través da súa Palabra, dos santos, da tradición dos que levan máis de dous mil años precedéndonos neste camiño”.

Os 24 novos sacerdotes proceden de Argentina, Colombia, Ecuador, España, Estados Unidos, Filipinas, Francia, México e Suiza. Estes son os seus nomes:

John Warriner Boles (Estados Unidos)

Lucas Calonje Espinosa (España)

Andrés Ramiro Cárdenas Matute (Ecuador)

Jorge Francisco Castillo Olvera (México)

Marcos Cavestany Olivares (España)

Eduardo De la Morena de la Fuente (España)

Lorenzo De Vittori (Suiza)

Étienne Alexandre Marie Desjonquères (Francia)

José María Díaz Dorronsoro (España)

Santiago Díaz González (España)

Jaime Falcó Prieto (España)

José Paulo Reyes Luistro (Filipinas)

Ignacio José Manzano Fontaine (Argentina)

Pedro Medina de Arteaga (Colombia)

Carlos Merino Tormo (España)

Jesús Salvador Olmeda Román (México)

Gabriel María Pérez Halcón (España)

Alberto Pérez Herrera (España)

Rubén Rodríguez Rubio (España)

Felipe Gustavo Román Larrea (Ecuador)

David Samudio Torres (Colombia)

Juan Pablo Sánchez del Moral (España)

Santiago Vigo Ferrera (España)

Álvaro Zaragoza Salcedo (España)

    Juan Maria Sanmillan. Copyright: Prelatura de la Santa Cruz y Opus Dei